A nosa historia

 

Polemel é unha pequena empresa que coida con agarimo ó redor de 300 colmeas para producir artesanalmente e ca axuda de toda a familia o mellor mel, pole e propóleo ecolóxico.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A nosa andaina remóntase a principios dos 90, cando nos fomos introducíndo no mundo da apicultura e gañando ó longo do tempo experiencia. Foi nos primeiros anos dos 2000 cando nos establecemos profesionalmente e obtemos a certificación de produtores ecolóxicos.

 

Decidimos optar pola produción ecolóxica pola importancia de coidar do noso medio. Tamén para que todos aqueles que opten polos nosos productos o fagan ca confianza de quen son produtos controlados e analizados, libres de calquera impureza ou contaminante. 

 

Desta maneira, seguimos cada ano a ofrecer os mellores productos das nosas abellas obtidos artesanalmente cunha calidade excelente e sabores intensos. 

Entorno

 

As nosas abellas teñen o privilexio de vivir nun entorno natural protexido declarado Reserva da Biosfera. 




 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

 

Os colmeares sitúanse en zonas de monte autóctono onde predominan carballos e castiñeiros de variedades locais. Na alta montaña atopanse prantas como as ericas e matorrais dos que tamén obteñen pole e mel.

 

 

Grazas a este entorno natural os nosos productos teñen unha calidade excelente, sendo únicos polas especies autoctonas da zona. Ademais, a inexistencia de actividades de alto impacto ambiental na contorna, garantizan a pureza.